Certame Nacional de Mocidade Emprendedora

13 Set 2018

O Instituto da Mocidade convoca as axudas do Certame Nacional de Mocidade Emprendedora

Beneficiarios:
Mozos e mozas de nacionalidade española e aqueles con residencia legal en España, que non superen a idade de 35 anos na data límite da presentación das solicitudes.

Finalidade:
Apoiar á mocidade que lideran proxectos innovadores e viables, de empresas xa constituídas, cunha antigüidade máxima de tres anos e mínima dun na data límite da presentación das solicitudes, con independencia do sector no que se promovan. Para iso, aos dez primeiros seleccionados seralles concedida unha axuda económica que lles facilite a consolidación do proxecto de empresa promovido por cada un deles.

Importe:
A dotación económica da axuda para cada un dos dez primeiros seleccionados é de 20.000€.

Prazo de presentación de solicitudes:  21 de setembro de 2018

Convocatoria: BOE do 25 de agosto de 2018

Bases:  BOE do 18 de xullo de 2015