Bolsas de comunicación institucional no Senado

13 Set 2018

O Senado convoca tres bolsas de formación sobre comunicación institucional, interna e externa, dirixidas a mozos licenciados que desexen especializarse neste campo.
As bolsas outórganse cunha duración dun ano (dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2019) e consistirán en doce pagamentos de 900 €.

Requisitos:
Estar en posesión de un título superior universitario de Grado o de Licenciatura en periodismo e reunir as dúas condicións seguintes:
a) ter nacido con posterioridade ao 1 de xaneiro de 1991.
b) non ter gozado en anos anteriores da mesma bolsa do Senado.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 29 de setembro de 2018.
Máis información no BOE do 13 de setembro de 2018 e en www.senado.es