Formación arquivística, documental e bibliotecaria no Senado

13 Set 2018

O Senado convoca 15 bolsas de formación arquivística, documental e bibliotecaria, dirixidas a mozos titulados que desexen especializarse nestes campos.
As bolsas outórganse cunha duración dun ano (dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2019) e consistirán en doce pagamentos de 800 € brutos.

Requisitos:
Título oficial universitario en Biblioteconomía e Documentación.
Licenciados universitarios españois e doutros países membros da Unión Europea que reúnan as tres condicións seguintes:
a) ter nacido con posterioridade ao 1 de xaneiro de 1991.
b) acreditar ter cursado estudos en materias arquivísticas, bibliotecarias ou documentalistas durante polo menos 200 horas lectivas.
c) non ter gozado en anos anteriores da mesma bolsa do Senado.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 29 de setembro de 2018.
Máis información no BOE do 13 de setembro de 2018 e en www.senado.es