Curso "Emprego na Eurocidade: traballo, turismo e termalismo"

11 Set 2018

A Fundación Galicia Europa convoca o curso ”Emprego na Eurocidade: traballo, turismo e termalismo”

  • O curso, cun máximo de 15 participantes, está dirixido a toda a poboación galega e portuguesa. 

  • As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 20 de setembro.

  • A formación terá unha duración de 32 horas (teórico-prácticas) e desenvolverase en horario de 10:00 a 19:00 horas entre o 2 e 5 de outubro. 

Esta formación é totalmente gratuíta.

 

O curso ofrece unha formación práctico-teórica sobre desenvolvemento turístico e patrimonio cultural. Tras a elaboración e promoción de distintas rutas e paquetes turísticos, chega o momento da súa implementación e aproveitamento polo sector privado. Todo o traballo dos últimos anos é un nicho de mercado e de futuro para a mocidade emprendedora. Unha oportunidade para a creación de empresas, para conseguir un emprego, para labrarse un futuro na Eurocidade. 

 

O curso de Impulsores de oportunidades é unha actividade do proxecto europeo  Eurocidade_2020, que se enmarca no programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 ( POCTEP). Nesta actividade, a Fundación Galicia Europa, contará coa colaboración da AECT  Eurociudad Chaves-Verín, sendo os outros socios do proxecto  Eurocidade_2020, FNAJ – Federação Nacional de Associações Juvenis, Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, IPDJ –Instituto  Português da Juventude e do Desporto, Concello de Verín e o Municipio de Chaves.

 

Inscrición na páxina web da Fundación Galicia Europa

 

Máis información:

 

Fundación Galicia Europa

r/ Hórreo nº 61, baixo

15701 Santiago de Compostela

+34 981 95 70 88

+34 981 95 78 54