CURSO DE CONDUCION EFICIENTE NO ESPAZO XOVE DE VIVEIRO

04 Set 2018

CURSO DE CONDUCIÓN EFICIENTE NO ESPAZO XOVE DE VIVEIRO

 

O Espazo Xove de Viveiro organiza un Curso de Condución Eficiente, que ten entre os seus obxetivos o aforro de combustible, redución da contaminación e disminución dos accidentes, está dirixido a mozos/as de 18 a 35 anos con carnet de conducir.

O programa do curso constará das seguintes partes:

- Introducción o curso

- 1º ronda condución en circuito urbano e interurbano de 16 km

- Formación na aula

- 2º ronda condución en circuito urbano e interurbano de 16 km aplicando as técnicas explicadas na formación teórica

- Anotación de resultados e comparativa de consumos

- Entrega de diplomas

- Enquisa anónima e final de sesión

Ademáis os contidos a tratar no curso serán o consumo de enerxía e emisión ó medio ambiente, mantemento do vehículo, a actitude do conductor ( Mentalidade e anticipación), resposta ante diferentes situación de tráfico e claves da condución eficiente.

O día 21 de Setembro, de 15:00 a 21:00 horas, desenvolverase o curso de xeito gratuito, e terá unha duración de 6 horas presenciais. As prazas serán un máximo de 18 persoas.

Información e inscrición no espazo xove Avenida Cervantes s/n. Teléfono 982 87 09 54