Cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga

14 Ago 2018

A Consellería de Educación convoca, con carácter gratuíto, cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.
Os cursos preparatorios poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.
Cada curso terá unha duración de 60 horas lectivas.
Inscrición: www.eoidigital.com/preinslinguagalega
O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 3 ata o 12 de setembro de 2018, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro); e desde o 2 ata o 11 de xaneiro de 2019, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

Máis información no DOG do 14 de agosto de 2018 e en http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo/celga