Día Internacional da Mocidade 2018

08 Ago 2018

Día Internacional da Mocidade 2018

 

O tema elixido para este ano é “Cidades seguras e espazos públicos seguros”, e o lema "Espazos seguros para a mocidade".

Cada 12 de agosto celébrase este día, instaurado polas Nacións Unidas (ONU) en 1995 co obxectivo de promover unha maior toma de conciencia do Programa de Acción Mundial para os mozos e mozas.

Espazos Seguros para a Mocidade

Os mozos necesitan espazos seguros onde poidan reunirse, participar en actividades relacionadas coas súas diversas necesidades e intereses, participar nos procesos de toma de decisións e expresarse libremente. Aínda que hai moitos tipos de espazos, os espazos seguros garantirán a dignidade e a seguridade dos mozos. Os espazos seguros, como os espazos xove, permiten aos mozos e mozas participar en cuestións de gobernanza; os espazos públicos bríndanlle aos mozos a oportunidade de participar en deportes e outras actividades de lecer na comunidade; os espazos dixitais axudan aos mozos para interactuar virtualmente a través das fronteiras con todos; e espazos físicos ben planificados poden axudar a satisfacer as necesidades da mocidade diversa, especialmente os vulnerables á marxinación ou a violencia.

Actos do Día Internacional da Mocidade

A conmemoración de 2018 terá lugar o 10 de agosto de 2018 en Nairobi, no complexo Gigiri de Nacións Unidas, Sala de conferencias 4 de 9:30 da mañá ás 14:30.

O evento conmemorativo oficial será organizado polo Departamento de Asuntos Económicos ( UNDESA) e Sociais das Nacións Unidas e a Oficina do Enviado Especial do Secretario Xeral das Nacións Unidas para a Mocidade ( OSGEY) e será gratuíto. Nel reunirase a mozos/as, organizacións xuvenís, representantes dos Estados Membros, a sociedade civil e as entidades das Nacións Unidas.

O programa preliminar para o evento destaca un discurso inaugural do Secretario Xeral da ONU, así como de representantes das Misións Permanentes pertinentes, ademais de varios oradores novos e un período de debate aberto.

O evento será transmitido online e difundido a través de redes sociais como Twitter, a través dos hastag #SafeSpaces4Youth, #YouthDay y #UN4Youth

Para obter máis información sobre como participar, visita esta guía práctica.

Ligazóns externas: