Prazas para persoas colaboradoras – bolseiras para as residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso 2018/2019

07 Ago 2018

 

Convocatoria: Orde do 20 de xullo de 2018 pola que se determinan as bases reguladoras e se convocan prazas de persoas colaboradoras bolseiras para as residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso 2018/2019 (DOG n.º 150, do 7 de agostode 2018).

Número de prazas:15

Cidade

Residencia

Prazas

Lugo

Centro Residencial Xuvenil “LUG”

4 Home/muller

Ourense

Florentino L. Cuevillas

5 Home/muller

Vigo

Altamar

6 Home/muller

 

Requisitos das persoas solicitantes:


a) Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.

b) Ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 na data do 31 de decembro do ano en curso.

c) Estar cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclo formativo de grao superior, que admitan polo seu contido e saídas profesionais, a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil.

d) Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador/a por causa imputable á persoa solicitante.

e) Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro.

f) Ter unha renda media familiar que non supere o 150% do indicador público de renda de efectos múltiples (Iprem) do ano en curso. A dita renda media calcúlase segundo o establecido no artigo 9.1 b).

 

Solicitudes


1. Onde?

A solicitude (Anexo I), xunto coa restante documentación, deberá presentarse preferentemente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta dende a páxina https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

No caso de remitirse por correo deberá levar o selo de correos na primeira folla.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia,incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Modelo de solicitude.- Descargarase en https://sede.xunta.gal

 

2. Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo é dun (1) mes: dende o 8 de agostoata o 7 de setembro de 2018.

 

3. Documentación e presentar e toda a información sobre a convocatoria

DOG n.º 150, do 7 de agostode 2018