Prazas de persoas colaboradoras bolseiras para as residencias xuvenís

07 Ago 2018

Prazas de persoas colaboradoras bolseiras para as residencias xuvenís

 

A Consellería de Política Social convoca prazas de persoas colaboradoras bolseiras para as residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso 2018/19.

O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias é a seguinte:

 

Cidade

Residencia

Prazas

Lugo

Centro Residencial Xuvenil LUG

4 Home/muller

Ourense

Florentino L. Cuevillas

5 Home/muller

Vigo

Altamar

6 Home/muller

 

Requisitos das persoas solicitantes:

a) Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.

b) Ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 na data do 31 de decembro do ano en curso.

c) Estar a cursar estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclo formativo de grao superior, que admitan polo seu contido e saídas profesionais, a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil.

d) Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador/a por causa imputable á persoa solicitante.

e) Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro.

f) Ter unha renda media familiar que non supere o 150 % do indicador público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM) do ano en curso.

Prazo:  7 de setembro de 2018

Solicitudes:   https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS303C

Máis información: DOG do 7 de agosto de 2018

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180807/AnuncioG0425-240718-0001_gl.html