Bolsas universitarias para participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios

31 Xul 2018

 

Bolsas universitarias para participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios

A  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2018/19.

Estas bolsas teñen unha  dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria, que será dun máximo de 1.700 euros.

 

Requisitos: Poden solicitar estas bolsas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado no curso 2018/19 en calquera das universidades do Sistema universitario Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.

b) Participar no programa de mobilidade universitaria con autorización da universidade de orixe (universidades do Sistema universitario Galicia).

c) Non ter desfrutado desta bolsa de mobilidade en convocatorias anteriores.

 

Prazo: O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 5 de setembro de 2018.

Máis información: DOG Núm. 145Martes, 31 de xullo de 2018