Plan Non te Rendas Nunca é unha iniciativa de Fundación ONCE e Inserta, para axudar á mocidade con discapacidade a atopar traballo.
Trátase dun servizo completamente gratuíto no que as persoas participantes poden desenvolver as súas competencias profesionais de maneira entretida e personalizada con retos, dinámicas experienciales na aula e aprendizaxes pola experiencia.
Para dar a coñecer esta iniciativa, durante 80 días catro tráileres van percorrer simultaneamente toda España, parando durante 3 días en máis de 78 cidades para achegar todos os recursos que poden poñer á mocidade con discapacidade no camiño dunha oportunidade laboral. Terán á súa disposición un total de 4 actividades grupales capitaneadas por un formador especializado.
Requisitos: Poden inscribirse todas aquelas persoas con discapacidade e sen traballo, que teñan unha idade comprendida entre 16 e 29 anos.
Paradas en Galicia: Ferrol, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía. Consulta aqui o lugar e as datas.
Máis Información: Plan Non te Rendas Nunca