Persoal para tarefas socorrismo en Pontedeume

18 Xul 2018

Selección de persoal para a realización de traballos de salvamento e socorrismo nas praias do Concello de Pontedeume. Segunda Convocatoria 2018.

Por Decreto de Alcaldía 449.2018 de 13.07.2018, resolveuse convocar o proceso para a selección de persoal para a realización de traballos de salvamento e socorrismo nas praias do Concello de Pontedeume. Segunda Convocatoria 2018, cuxo contido se transcribe, en estrato: “…//…

PRIMEIRO.- Convocar un novo proceso de selección para a contratación de un/ha traballador/a, persoal laboral temporal (modalidade de obra ou servizo), para a realización de traballos de salvamento e socorrismo nas praias do Concello de Pontedeume.

SEGUNDO.- O proceso selectivo rexerase polo disposto nas bases da convocatoria aprobadas por Resolución de Alcaldía número 307/2018 de 01.06.2018, publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP), nº 104 de 4 de xuño de 2018.

Información: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/07/17/2018_0000005398.pdf