3 prazas Técnicos en Primeiros Auxilios en Sada

18 Xul 2018

Convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de tres (3) técnicos en primeiros auxilios

A Alcaldía do Concello de Sada aprobou por resolución de data de hoxe a seguinte convocatoria de selección de persoal laboral temporal:

Denominación posto: 3 técnicos en primeiros auxilios.

Sistema selectivo: concurso-oposición libre.

Prazo presentación instancias: 3 días hábiles contados a partir do 19/07/2018.

As bases da convocatoria estarán expostas ao público e a disposición das persoas interesadas nas Oficinas Municipais, Unidade de Persoal, Avda. da Mariña, 25, Tfno. 981 620 075, e na páxina web municipal www.sada.gal. O prazo de presentación de instancias contarase a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no BOP da Coruña.

Información: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/07/18/2018_0000005412.html