Bolsas para estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia

09 Xul 2018

A Axencia Turismo de Galicia convoca bolsas para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG).

Tipos de bolsas:
Bolsas tipo I: cobren aproximadamente o 80 % da matrícula en réxime externo.
Bolsas tipo II: cobren aproximadamente o 50 % da matrícula en réxime externo.

a) Seis bolsas tipo I para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.
b) Doce bolsas tipo II para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.
c) Tres bolsas tipo II para o 1º curso de certificado de Gastronomía e Xestión en Cociña.

Requisitos específicos segundo o tipo de bolsas:
a) Para as bolsas de 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira, acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (PAAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 5 puntos antes de que remate o prazo de solicitude destas bolsas.
b) Para as bolsas de diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña, acreditar ter superado o bacharelato (ou equivalente), ciclo formativo superior ou outras ensinanzas superiores, antes de que remate o prazo de solicitude destas bolsas.
c) En ambos os casos, a renda familiar non debe superar os límites de renda establecidos nesta convocatoria.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TU200A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 9 de agosto de 2018.
Máis información no DOG do 9 de xullo de 2018 e en
http://www.cshg.es/index.php/es/formacion/informacion-interes/becas-y-financiacion