A Barra s/n, 32152 Coles
A Barra, Concello de Coles. Estrada de Ourense - Santiago de Compostela (N-525), dirección A Peroxa, a 10 km de Ourense. Sinalización en Vilarchao, como Centro de Educación Ambiental. Desde a Nacional 525 tomar o desvío de A Peroxa. En Vilarchao seguir a sinalización “Centro Equal”.
T. 988 206 353
O albergue está en pleno contorno rural de interior, no concello de Coles. Está a 1 km da Ribeira Sacra desde o municipio da Peroxa e próximo aos Peares e aos Canóns do Sil.
Está equipado con calefacción, comedor, lavandería, parking de superficie, armarios e aula de obradoiros. Ten mesa de ping-pong e piscina exterior. Nas zonas comúns hai unha biblioteca/sala de lectura, barra libre de dispensación de café, té e infusións ecolóxicas, xardín e zona de sombra para actividades ou descanso no exterior e sala de usos múltiples adaptada.
Para a práctica deportiva, próxima á instalación, hai un centro hípico, embarcadoiro e polideportivo.
A instalación consta de 2 plantas. Se ben a planta baixa permite a accesibilidade para actividades de día, a planta superior non é accesible para cadeiras de rodas ou persoas con dificultades motrices severas, xa que o acceso aos dormitorios é a través da escaleira.
-
HÍPICA E TEATRO
ACTIVIDADES
Expresión corporal: teatro e danza moderna; deportivas: xogos populares, xincanas, disfraces e grandes xogos; outras actividades: hípica, obradoiros de reciclaxe e natureza, excursión á Aldea de A Barra e piscina.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Hípica e Teatro |
21-28/07 |
11-12-13-14 |
148 € |
320010 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.