Bolsas de estadía de creación na Casa de Velázquez en Madrid

02 Xul 2018

O Consello da Cultura Galega convoca dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid.

Requisitos xerais:
Estar en posesión da titulación universitaria e que rematasen os seus estudos no curso académico 2007/08 ou posterior.
Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.

Unha bolsa de estadía de creación na Casa de Velázquez en Madrid
Esta bolsa ten como finalidade facilitar a presenza dun/dunha creador/a na Casa de Velázquez en Madrid. Está destinada a creadores ou creadoras do ámbito das artes visuais (agás pintores e escultores) ou músicos.
Requisitos:
Ser titulados superiores ou grao superior en ciclos formativas de ensinanzas artísticas, coreográficas, escénicas, musicais, deseño, imaxe e son.
Presentar unha memoria do proxecto.
O creador ou creadora deberá presentar unha memoria explicativa que resuma as características xerais do proxecto que vai levar a cabo. Nesta memoria incluirase un resumo do proxecto dunha soa páxina A4 Vertical, explicitando as súas motivacións, os tipos de traballos que pretende realizar e como se integra a bolsa no seu desenvolvemento profesional.
Os proxectos de artes visuais (debuxo, cine, fotografía, gravado, vídeo) ou composición musical deberán estar avalados por un responsable dun centro de creación, dun museo, dun conservatorio, etc. No proxecto de creación deberase xustificar tanto a necesidade da estadía en Madrid como a da proxección da cultura galega.

Unha bolsa de estadía de investigación na Casa de Velázquez en Madrid
Requisitos
Ser licenciado/a ou graduado/a nas áreas de Humanidades e Ciencias Sociais ou titulacións equivalentes.
Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 7 puntos
Presentar unha memoria do proxecto.
A persoa investigadora deberá presentar unha memoria explicativa do proxecto de investigación que resuma as características xerais da investigación que vai levar a cabo.
A devandita memoria debe presentarse en formato A4, mecanografada a duplo espazo e por unha soa cara, e a súa extensión non será inferior a cinco nin superior a dez páxinas.
A investigación que se vai desenvolver pertencerá ao ámbito das ciencias humanas e sociais cuxas fontes ou terreo de referencia se atopen en Madrid e terá que ver coa cultura e a historia de Galicia e a proxección da cultura galega.
Esta memoria débese acompañar dunha carta de convite dalgún centro de investigación, estudo ou documentación situado en Madrid, así como un escrito do responsable da investigación sobre o interese do proxecto.

Dotación:
Cada bolsa estará dotada con 1.000 € mensuais.
A Casa de Velázquez asumirá os gastos da hospedaxe. Proporcionará, ademais, tarifas preferenciais (boursier) para os gastos de manutención na cafetaría da Casa de Velázquez. Igualmente, ofreceralles a posibilidade de empregar os espazos de traballo e documentación da Casa de Velázquez. Do mesmo xeito, poderán participar nas actividades de investigación e creación da Casa de Velázquez.
Duración: A duración de cada unha das bolsas será de 3 meses e a data estimada de comezo é o 15 de setembro de 2018 e rematarán, en calquera caso, o 31 de decembro de 2018.  

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de xullo de 2018.
As solicitudes poden descargarse de https://sede.xunta.es co procedemento PR970A
Os formularios das solicitudes tamén estarán dispoñibles nas páxinas web do Consello da Cultura Galega http://consellodacultura.gal
Máis información no DOG do 29 de xuño de 2018 e en http://consellodacultura.gal
No teléfono 981 957 202 ou o enderezo electrónico rexistro@consellodacultura.gal
Presencialmente: Consello da Cultura Galega. Pazo de Raxoi, 2º andar, Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela.