Estudantes de Animación Sociocultural e Turística no Encontro Nacional de Correspondentes Xuvenís

20 Xun 2018

Vicky, Carolina, Elisabet, Javier, Nerea, Nerea, María, Paula, Adriana, Sandra, Iria, Victor e Paula do CIFP Portovello de Ourense, Antía, Jacobo e Itziar do IES Primeiro de Marzo de Baiona e Alicia, Andrea, Rocío, Xacobe, Nerea, Laura, Nazaret, Emilio, Raúl e Silvia do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela asistiron do 15 ao 17 de xuño ao I Encontro Nacional de Correspondentes xuvenís que se desenvolveu no Mar Menor de Murcia. Todos eles e elas son estudantes do ciclo de Animación Sociocultural e Turística.
Foi unha estupenda oportunidade para poñer en común experiencias e ideas con Correspondentes Xuvenís de Canarias, Ceuta, Andalucía, Castela León, Castela A Mancha, Madrid e Murcia.