Estarda Lago de Sanabria s/n, 49361 - San Martín de Castañeda - ZAMORA
T. 980 622 053
https://reaj.com/albergues/juvenil-san-martin-de-castaneda/
O Albergue atópase en San Martín de Castañeda, xunto ao Parque Natural del Lago de Sanabria, rodeado de bosques de carballos. Conta co lago glaciar máis grande da península ibérica, vales encaixados, morrenas e cañóns. A flora e a fauna son consideradas de grande interese. A situación é propicia para practicar actividades e roteiros de sendeirismo pola zoa.
O albergue está dotado de habitacións múltiples, sala de reunións, piscina de verán, pista polideportiva, biblioteca e sala de vídeo.
MULTIAVENTURA E AIRE LIBRE
ACTIVIDADES
Multiaventura: rutas en BTT polo Parque Natural do Lago Sanabria, caiac polo Lago de Sanabria, rutas a cabalo, bivaque; excursións: á Puebla de Sanabria e visita ao Centro do Lobo Ibérico; outras actividades: veladas, obradoiros e xogos de animación.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
INSTALACIÓN XUVENIL |
MODALIDADE |
ANO NACEMENTO |
DATAS |
COTA |
CÓDIGO |
Alb. Xuv.San Martín de Castañeda (Puebla de Sanabria) |
Multiaventura e aire libre |
09-10 |
21-30/07 |
247,50 € |
500004 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.