Campamento xuvenil 'Penedos de Xacinto' (Entrimo)

Cabeza da Vella. 32860 Entrimo (Ourense).
Situado a 70 Km de Ourense, na estrada de Entrimo-Illa Olelas. A instalación atópase a 2 Km de Entrimo, no lugar coñecido como Cabeza da Vella.
T. 988 434 779

Campamento de montaña, con abundante arboredo, zona verde e xardín. Ten unha capacidade de 100 prazas en tendas de campaña.
A instalación dispón de pista polideportiva, salón de actividades, rocódromo, anfiteatro, alpendre cuberto e enfermería.
Acceso sen barreiras arquitectónicas. Exteriores e zonas comúns de fácil acceso.

• TEATRO E AVENTURA NA NATUREZA

ACTIVIDADES
Teatro: dramatización, expresión corporal e desinhibición, obradoiros de formación (danzas do mundo, acrosport, contos ao revés), ensaios e propostas teatrais, técnicas de circo, caracterización, maxia,  malabares e equilibrio; deportivas e de aventura: deportes acuáticos ( xogos e dinámicas deportivas na piscina), deportes cooperativos (nos que se prima a colaboración sobre a competición),  rocódromo e tirolina, orientación con gps, tiro con arco, xogos activos; outras: aula de natureza, piscina, festa final; saídas e excursión.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

 

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Teatro e aventura na natureza

01-10/07

10-11-12-13-14

146,70 €

320001

15-24/07

10-11-12-13-14

146,70 €

320002

29/07-07/08

10-11-12-13-14

146,70 €

320003

12-21/08

10-11-12-13-14

146,70 €

320004


Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

 

Entrimo 3

 

Entrimo 2

Entrimo 1