Axudas Injuve para a Creación Nova 2018

11 Xun 2018

O Instituto da Xuventude, Injuve, convoca axudas económicas para favorecer o traballo da mocidade creadora, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra, á vez que propiciar a súa incorporación ao ámbito profesional, mediante a axuda a proxectos a desenvolver durante o ano 2019 no ámbito das artes visuais, escénicas, musicais, literarias, así como nos do deseño e o cómic e ilustración, con proxección  suprautonómica, nacional ou internacional a través das seguintes liñas de actuación:
a) Produción de obra.
b) Mobilidade de obra producida e/ou creadores.
c) Emprendemento para a creación emerxente.
d) Sala  Amadís do Instituto da Mocidade.

Requisitos:
Mozas e mozos de nacionalidade española e todas aquelas con residencia legal en España, que non superen os 30 anos de idade, nos supostos de Produción de obra e Mobilidade de obra producida e/ou creadores, ou os 35 anos nos supostos de Emprendemento para a creación emerxente e Sala  Amadís do Instituto da Mocidade, o día 31 de decembro do ano 2018

Contía:
A contía individualizada das axudas será de 3.500 € para os proxectos deproducción de obra e de mobilidade de obra ou creadores e de 7.000 € para os proxectos de emprendemento para a creación emerxente e Sala Amadís.
As Axudas Injuve para a Creación Nova teñen por obxecto contribuír aos gastos ocasionados pola realización do proxecto presentado polo solicitante. O importe das Axudas Injuve deberán supoñer, en todo caso, alomenos o 25% do total custo previsto do proxecto.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 9 de xullo de 2018.
Máis información no BOE do 11 de xuño de 2018 e en www.injuve.es