Pases de interrail gratis!!!

07 Xun 2018

Comeza a conta atrás! Xa coñecemos as datas para participar en DiscoverEU e solicitar o teu pase de  Interrail gratis para viaxar este verán: do 12 ao 26 de xuño, a través do Portal Europeo da Mocidade, poderase acceder aos formularios de inscrición.

#DiscoverEU é unha iniciativa da Unión Europea que ten como obxectivo ofrecer aos mozos de 18 anos unha experiencia única para viaxar pola UE, descubrir a diversidade das rexións europeas e gozar da súa riqueza cultural.

En total hai 15.000 pases gratis para repartir entre os mozos e mozas dos Estados membros que cumpran 18 anos antes do 1 de xullo. Para  poder conseguir o teu pase terás que presentar unha solicitude e responder a unhas preguntas que sirvan como filtro. Procedemento:

1 – Entra no Portal Europeo da Mocidade desde o 12 de xuño ás 12:00 h ata o 26 de xuño ás 12:00 h. https://europa.eu/youth/discovereu_es
2 – Accede ao formulario de inscrición e introduce os teus datos persoais, así como algún detalle da viaxe que planeases.
3 – Terás que participar nun concurso de 5 preguntas relacionadas coas iniciativas da UE destinadas aos mozos e co Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018, que se celebra este ano con multitude de actos por toda Europa para festexar a nosa diversidade cultural. 
4 – Por último, terás que contestar a unha pregunta de desempate que permitirá á Comisión Europea clasificar aos solicitantes no caso de que houbese demasiadas candidaturas.

PODES PRESENTARTE SÓ OU CON AMIGOS: As solicitudes poderán facerse de forma individual e tamén en nome de ata cinco persoas. Neste caso, un de vós nomearase xefe de equipo, presentará a solicitude e terá que responder á pregunta de desempate. Ollo! É importante facer a solicitude con tranquilidade para non cometer erros que poidan deixarte fóra do proceso de admisión.

CONDICIÓNS
• Nacer entre o 2 de xullo de 1999 e o 1 de xullo do 2000.
• Ter nacionalidade europea.
• Contar con DNI ou pasaporte, xa que terás que incluír o número na solicitude.
• Realizar a viaxe entre o 9 de xullo e o 30 de setembro de 2018.
• O período de viaxe terá que ser de 1 a 30 días.
• Visitar entre un e catro países da UE diferentes ao teu. Estes datos son importantes e terás que telos en conta á hora de detallar a viaxe no formulario de inscrición.
• Estar disposto a formar parte da gran familia de embaixadores da UE.

Máis información: https://europa.eu/youth/Discovereu_es