Bolsas no Tribunal Constitucional

07 Xun 2018

O Tribunal Constitucional convoca as seguintes bolsas:

Unha bolsa en biblioteconomía e documentación relacionada cos fondos bibliográficos do Tribunal Constitucional.
Requisitos: Licenciado o graduado en Biblioteconomía e Documentación
Ter finalizado os estudos para a obtención do título universitario con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2013.
A dotación da bolsa é de 1150 € mensuais.

Seis bolsas relacionadas coa investigación e tratamento xurídico da doutrina constitucional.
Requisitos: Licenciado universitario ou grao universitario en Dereito.
Ter finalizado os estudos para a obtención do título universitario con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2013.
Posuír coñecementos de inglés ou francés correspondentes ao nivel B2

Unha bolsa en tarefas relacionadas coa xestión documental e  arquivística relacionada cos fondos documentais  do Tribunal Constitucional
Requisitos: licenciado, graduado universitario,  master, doutor ou equivalente.
Ter finalizado os estudos para a obtención do título universitario con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2013.
A dotación da bolsa é de 1150 € mensuais.

Unha bolsa de formación en materia en tarefas relacionadas coa comunicación institucional relacionada coa actividade do Tribunal Constitucional.
Requisitos: licenciado, graduado universitario en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual.
Ter finalizado os estudos para a obtención do título universitario con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2013.
Posuír coñecementos de inglés correspondentes ao nivel B2
A dotación da bolsa é de 1150 € mensuais.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 9 de xullo de 2018.
Máis información no BOE do 7 de xuño de 2018 e en www.tribunalconstitucional.es