O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo de Ferrol, enviannos este resumo das activdades que realizaron ao longo do curso:
"Os CORRESPONDENTES XUVENÍS DO IES SATURNINO MONTOJO participamos en numerosos proxectos ao longo de todo o curso, dinamizando a vida do instituto. Un dos aspectos clave deste programa é que interiorizamos o concepto de voluntariado e sempre estamos dispostos a colaborar, tanto na difusión das propostas que chegan da Direccion Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, como das que xorden no instituto.
Neste trimestre estamos realizando diversas actividades no proxecto A escola é o camiño, que nos axudan a salientar o valor da escola e da educación. Ademais combinamos aprendizaxe e servizo á comunidade e xa recadamos máis de 1000 euros con iniciativas como o mercado solidario, a venda de doces e rifas. Destinarémolos a UNICEF para que sexan investidos no desenvolvemento de escolas.
As actividades foron moi variadas:
- Dramatizacións por parte dos alumnos de situación escolares de antes e de agora con posterior debate ao que están invitados os familiares que desexen participar.
- Club de lectura sobre o libro A lingua das bolboretas
- Mercado solidario, venda de doces e rifas.
- Concerto solidario.
- Actividades deportivas.
- Exposición de material escola, fotografías, libros antigos…. cedidos por pais/nais, avós/as, profesorado...
- Entrevistas a familiares para recoller información sobre a escola de etapas anteriores establecer semellanzas e diferenzas e comentar aspectos que melloraron ou empeoraron.
A ESCOLA É O CAMIÑO , porque , ademais de transmitir coñecementos e habilidades, abre portas, ofrece posibilidades, dignifica , alenta a curiosidade e o desenvolvemento, promove a evolución e posibilita a igualdade...
POR OUTRA PARTE, TAMÉN PARTICIPAMOS EN RADIO FILISPÍN".
Aquí podedes ver o seu traballo
Conta de Instagram: https://www.instagram.com/cxmontojo/?hl=es
Parabéns e gracias un curso máis polo traballo desenvolvido!!!