Para escoller un Ciclo Formativo...

06 Xun 2018

Os Ciclos Formativos de Formación Profesional impartense en tres modalidades:

1. Réxime ordinario
Este réxime está organizado en dous cursos en quendas de mañá e tarde, segundo o horario establecido polo centro educativo
A asistencia ás clases é obrigatoria.

2. Réxime para as persoas adultas na modalidade presencial
Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso.
A xornada lectiva desenvólvese polo xeral en quenda de tarde-noite.
A asistencia ás clases é obrigatoria.

3. Réxime para as persoas adultas na modalidade semipresencial ou a distancia
Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso.
A asistencia ás titorías e outros eventos formativos presenciais é recomendable, pero non obrigatoria. Si é obrigatoria a asistencia as actividades de avaliación de cada trimestre. Para a realización das actividades a distancia seguiranse as instrucións do titor/a do curso.

Ciclos en Galicia: http://www.edu.xunta.es/fp/folletos-informativos-fp

Tamén podes estudar e traballar ao mesmo tempo coa FP Dual: http://www.edu.xunta.es/fp/formacion-profesional-dual-en-galicia

Atención aos prazos para presentar as solicitudes:  http://www.edu.xunta.es/fp/informacion-xeral

Oferta de Formación Profesional en España:  http://www.todofp.es/que-como-y-donde-estudiar/donde-estudiar.html