Bolsas no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

05 Xun 2018

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades convoca 10 bolsas de formación nos proxectos concretos de investigación que se están a desenvolver no Centro.

Bolsas:

Unha bolsa de formación no proxecto Dicionario galego-italiano (Galita): titulación en Filoloxía Italiana ou o grao en Linguas e Literaturas Modernas do itinerario en Italiano. Tamén poderán optar a esta bolsa outras titulacións ou graos de Filoloxía, acreditando un nivel C1 en lingua italiana.

Unha bolsa de formación no proxecto Bibliografía da literatura galega: título de licenciatura en Filoloxías Galega ou Galego-Portuguesa ou grao en Lingua e Literatura Galegas (con Maior Plus de Lingua e Literatura Galegas); en estudos de galego e portugués; estudos lingüísticos e literarios (con Maior Plus ou Maior en Literatura Galega); grao en Mestre de Educación Primaria ou a mesma titulación universitaria pero con distinta nomenclatura ou denominación, dependendo da universidade de procedencia.

Unha bolsa de formación no proxecto Fraseoloxía galega: Licenciatura en Filoloxía Galega ou grao en Lingua e Literatura Galegas; grao en Lingua e Literatura Españolas, con Minor ou módulo complementario en galego; grao en Linguas Modernas, con Minor ou módulo complementario en galego; licenciatura ou grao en Tradución e Interpretación; ou a mesma titulación universitaria pero con distinta denominación, dependendo da universidade de procedencia.
Coñecemento acreditado dunha lingua estranxeira (inglés, francés, alemán, portugués ,etc.) cun nivel mínimo B1.

Unha bolsa de formación no proxecto Corpus de referencia do galego actual (Corga): licenciado/a en Filoloxía Galega, Románica, Hispánica, Portuguesa ou Tradución e Interpretación, ou ben graduado/a en Lingua e Literatura Galegas; en Lingua e Literatura Españolas; en Lingua e Literatura Modernas; en Galego e Portugués; Estudos Lingüísticos e Literarios en español.

Unha bolsa de formación no proxecto Cantigas de Santa María: Ser licenciado/a ou graduado/a en calquera titulación da Área de Humanidades, con formación específica en estudos medievais.

Unha bolsa de formación no proxecto Prosa literaria medieval: licenciado/a ou graduado/a en calquera titulación da Área de Humanidades, sempre e cando acredite formación específica en estudos medievais.

Unha bolsa de formación no proxecto Terminoloxía científico-técnica: licenciado/a ou graduado/a en Filoloxía ou Tradución e Interpretación.

Unha bolsa de formación no proxecto Recursos para o desenvolvemento das tecnoloxías da fala: licenciado/a ou graduado/a en Filoloxía ou Tradución e Interpretación, en Enxeñaría de Telecomunicacións, en Física, en Informática, en Matemáticas.

Unha bolsa de formación no proxecto Base de datos do ALIR: licenciado/a ou graduado/a en Filoloxía Galega, Filoloxía Románica, Filoloxía Francesa ou Filoloxía Italiana.

Unha bolsa de formación no proxecto Dicionarios de literatura: licenciado ou graduado en Teoría da Literatura, en calquera filoloxía, en xornalismo.

Requisitos:
Estar en posesión do título universitario de licenciado ou licenciada ou de grao exixido no proxecto para o cal presente a solicitude.
Ter rematado os estudos conducentes a el no curso académico 2008-2009 ou posterior.
Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás os/as que acrediten estar en posesión do título de licenciado/a en Filoloxía Galega.
Non resultar beneficiario/a dunha bolsa en concursos anteriores ou contratos no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6,5 puntos,

A data estimada de comezo é o 1 de xullo de 2018 e rematarán, en calquera caso, o 30 de xuño de 2020.
A contía das bolsas será de 990 euros brutos mensuais.

As solicitude estarán dispoñibles en https://sede.xunta.es co procedemento ED109A e na páxina web do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades www.cirp.es.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 5 de xullo de 2018

Máis información no DOG do 5 de xuño de 2018 e en www.cirp.es