Bolsas na Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia

04 Xun 2018

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia convoca 14 bolsas para a realización de actividades de formación, información e divulgación relacionadas co ámbito da súa actuación.
A contía destas bolsas por beneficiario será de 1.100 euros mensuais.
Modalidades:
Licenciados ou graduados en Economía ou Empresa, sede de Madrid: 4 bolsas.
Licenciados ou graduados en Economía ou Empresa, sede de Barcelona: 1 bolsa.
Licenciados ou graduados en Dereito, sede de Madrid: 4 bolsas.
Licenciados ou graduados en Dereito, sede de Barcelona: 1 bolsa.
Enxeñeiros Industriais ou de Minas, sede de Madrid: 2 bolsas.
Enxeñeiros de Telecomunicacións, sede de Barcelona: 1 bolsas.
Licenciados ou graduados en Xornalismo, sede de Madrid: 1 bolsa.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 25 de xuño de 2018.
Máis información no BOE do 4 de xuño de 2018 e em http://www.cnmc.es/