Curso Organización de accións socioeducativas dirixidas á mocidade no marco da educación non formal
Destinatarios: persoal da Rede galega de información xuvenil e titulados ou estudantes de carreiras do ámbito social.
Criterios de selección: Por orde de inscrición e preferentemente o persoal da Rede galega de información xuvenil que ñnon teña o curso de especialista en información xuvenil ou o certificado de prefesionalidade en información xuvenil.
Prazos de inscrición: O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o día 1 de xuño ata as 14.00 horas do 10 de xuño de 2018.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo: xuventude.xunta.gal
Desenvolvemento.
Modalidade: semipresencial. O curso terá únicamente unha sesión presencial obrigatoria o día 12 de xuño as 11:00 horas. O resto do curso será a distancia de acordo coas indicacións dadas na sesión presencial.
Duración: 60 horas.
Datas: Do 12 de xuño ao 12 de setembro de 2018
Proba final a distancia o día 12 de setembro. Na sesión presencial indicarase a hora.
Prazas: 30
Contidos:
Caracterización do contexto da intervención socioeducativa coa mocidade. Deseño de accións formativas dirixidas á mocidade.
Organización de accións formativas.
Desenvolvemento de accións formativas en educación non formal.
Realización de actividades de avaliación de intervencións socioeducativas coa mocidade.