A perspectiva de xénero no cine, curso de verán da USC

29 Mai 2018

Na semana do 2 ao 6 de xullo celebrarase o curso de verán da  USC titulado "A perspectiva de xénero no cine".  

A matrícula estará aberta ata o 23 de xuño e debe facerse a través  da seguinte páxina web: www.usc.es/cultura/veran

As taxas son as seguintes:   
Matrícula ordinaria: 120 euros
Matrícula reducida: 70 euros (para estudantes universitarios de
calquera Universidade, de bacharelato ou formación profesional, pensionistas, desempregados, socios da Asociación de Antiguos Alumnos da USC e PDI e PAS da USC).  

Os filmes que se proxectarán son: Veronica Guerin, A dama de ferro, A muller do animal, Douche os meus ollos, Na terra dos homes, Os fenómenos, 678, As irmás da Magdalena, As sufraxistas e As mulleres de verdade teñen curvas.

Intervirán: Milagros Otero Parga, Jorge Pan Varea, Mª Teresa Hernández Armentia, Paz Filgueira, María Castro Corredoira, Áurea Sánchez Puente, Yolanda Maneiro Vázquez, Patricia Vázquez, Esteban Pereira Fredes, Jessica Núñez Rego, María Paz García Rubio e Moncho Lemos

A USC recoñece con 2 créditos ECTS a asistencia a este curso.
Ademáis, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento “Historia, Xeografia e Historia da Arte”, acordou recoñecer con 10 horas de actividades para os alumnos de doutoramento pola asistencia a este curso.

http://www.usc.es/cultura/veran

 

programa

Máis información en monica.garcia@usc.es