Gañadora dos carteis presentados ao concurso de deseño do Cartel do programa Xuventude Crea 2018

28 Mai 2018

Co gallo de elixir a imaxe do programa Xuventude Crea 2018, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, realizará unha mostra expositiva cos proxectos presentados ao Concurso de deseño do cartel do programa Xuventude Crea 2018.

Lugar:
IES Rosalía de Castro
Rúa de San Clemente, nº 3, 1º
Santiago de Compostela

Datas:  Do 28 de maio ao 31 de agosto de 2018.  De luns a venres en horario de 9:00 h a 14:00 h

Composición do Xurado do concurso de deseño do cartel para o programa Xuventude Crea 2018

Presidenta:
Yolanda Otero Balsa (Subdirectora xeral de Programas para a Xuventude da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado)

Vogais:
Carmen Pereiras Pérez
M.ª Jesús López Cernadas
M.ª Pilar Lorenzo Vilar
Mª Belén Pardal García
Pilar Tamerón Montesinos
Antía Guillén García
Mª Elena Fernández Carrazón
Santiago Aparicio Fernández

Secretaria:
Ángela Fernández Rey

Gañadora do concurso de deseño do cartel para o programa Xuventude Crea 2018:  Fátima Faílde Fernández co cartel titulado “13 especialidades en bolsa que deberías probar”

NOTA: A presidenta e demais membros do xurado outorgan un accésit ao cartel titulado “Creer é crear” de Aldara Fernández Núñez.