Proxectos audiovisuais en lingua galega

28 Mai 2018

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), convoca subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais.

Beneficiarios:
Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas constituídas como produtoras audiovisuais independentes, cunha antigüidade dun ano.
Os beneficiarios deberán ter un contrato cun director e/ou un guionista para desenvolver algún proxecto..

Modalidades:
a) Desenvolvemento de proxectos de ficción para cine e televisión (longametraxes, series e miniseries).
b) Desenvolvemento de proxectos de animación (longametraxes cinematográficas e series de animación para TV).
c) Desenvolvemento de proxectos de documental para cine e televisión.
d) Desenvolvemento de proxectos de pilotos de programas para televisión que destaquen por ofrecer formatos innovadores e alto potencial de internacionalización.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de xuño de 2018.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento CT207B
Máis información no DOG do 28 de maio de 2018 e en www.agadic.info