Bolsas para cursar o Master en Biomedicina CNIC-Acciona 2018

25 Mai 2018

O Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares Carlos III ( CNIC) convoca as axudas do Programa Bolsas  Master en Biomedicina  CNIC-Acciona 2018

Beneficiarios.
Ser graduado ou licenciado, de calquera nacionalidade, de graos/licenciaturas relacionados coas ciencias biomédicas e estar en posesión da titulación necesaria para acceder aos estudos de  Master.
 
Contía.
Os candidatos de fóra da Comunidad de Madrid que resulten seleccionados, percibirán unha subvención mensual de 800 € durante os 12 meses de duración do período formativo. A todos os alumnos, tanto da Comunidad de Madrid como de fóra, abonaránselles os custos derivados da matrícula do  Master tras a presentación do xustificante de pago e matrícula no  CNIC e as taxas correspondentes á expedición do título unha vez finalizado o  Master.

Prazo de solicitude.
A data límite para a recepción de solicitudes é o día 7 de setembro de 2018.

Máis información no BOE do 25 de maio de 2018 e en https://www.cnic.es/es/convocatoria/becas-master