Lectorados de lingua, literatura e cultura galega

25 Mai 2018

A Consellería de Educación convoca bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas no centros de estudos galegos das seguintes universidades:
  University of Oxford
  Universidade do País Vasco (Euskal Herriko Univertsitatea)
  Université de la Sorbonne Nouvelle, París III
  Universidade de Sâo Paulo
 
A contratación por parte das universidades das persoas seleccionadas abranguerá, como máximo, un período que non excederá os tres anos.

Requisitos:
Non superar os 35 anos de idade na data de remate do prazo da presentación de solicitudes.
Poderá solicitar todas as prazas ofertadas quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
Licenciatura en Filoloxía Galega.
Licenciatura en Filoloxía Románica, sempre que a primeira ou segunda lingua románica elixida fose o galego.
Grao en Lingua e Literatura Galegas.
Grao en Estudos de Galego e Español.
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.

Poderá solicitar a praza localizada no Reino Unido e en Francia quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
- Licenciatura en Tradución e Interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 27 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de Inglés.
- Grao en Tradución e Interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 30 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de Inglés.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 25 de xuño de 2018
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED110B para Oxford e País Vasco e co procedemento ED110A para París e Sâo Paulo.

Máis información no DOG do 25 de maio de 2018 e en http://www.lingua.gal/portada