EFéMERO 2018

24 Mai 2018

A Asociación cultural Beltane e a Universidade de Santiago de Compostela organizan a 3ª edición de EFéMERO, fashion, art & craft

Durante os días 25, 26, 27 e 27 de xuño a Universidade de Santiago de Compostela reunirá a artistas, deseñadores e historiadores, nun simposio que pretende crear novos lazos e despuntes.
O prazo de matrícula do curso estará aberto ata o 15 de xuño.

O curso presenta unha taxa reducida, aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregados, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC; de 40 €.
A USC recoñece os cursos da Universidade de Verán 2018 a efectos de créditos ECTS (titulacións de Grao) para o seu estudantado coa seguinte equivalencia, e recibirán a tal efecto un certificado de crédito, sempre e cando cumpran coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso: 1 crédito. Do mesmo modo, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento “Historia, Xeografia e Historia da Arte”, tomou o acordo de recoñecer con 10 horas de actividades para os alumnos de doutoramento o programa: “EFéMERO. Fashion, Art & Craft “
O curso tamén presenta unha taxa xeral para o resto de interesados, de 70 €

PROGRAMA