Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral

24 Mai 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da GAIN, convocan axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral.

Outorgaranse axudas ás universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e ao IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutores e doutoras nos seus centros.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 25 de xuño de 2018.
Deberanse tramitar en https://sede.xunta.es no procedemento ED481B.
Máis información no DOG do 24 de maio de 2018