Bolsas para a formación de expertos/as en cooperación internacional para o desenvolvemento

21 Mai 2018

A Xunta de Galicia convoca seis bolsas para a formación de expertos/as en cooperación internacional para o desenvolvemento.
Os destinos das bolsas serán en Santiago de Compostela, na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea ou no exterior, nas unidades de cooperación no exterior (UCE) da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

Requisitos:
Ter veciñanza administrativa en Galicia.
Estar en posesión dun título universitario de licenciado/a, diplomado/a, grao ou equivalente e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2008 ou posterior.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 21 de xuño de 2018
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR809A
Máis información no DOG do 21 de maio de 2018 e en http://www.cooperaciongalega.org