Prácticas no Tribunal de Xustiza da Unión Europea

31 Xan 2012

Tribunal-UE-O Tribunal de Xustiza da Unión Europea ofrece cada ano un número limitado de prazas para realizar prácticas remuneradas, dunha duración máxima de cinco meses. As prácticas desenvólvense principalmente na Dirección de Investigación e Documentación, no Servizo de Prensa e Información, na Dirección Xeral de Tradución e na Dirección de Interpretación.

Hai dous períodos de prácticas:

- do 1 de marzo ao 31 de xullo (o formulario deberá enviarse como moi tarde o 30 de setembro)
- do 1 de outubro ao 28 de febreiro (o formulario deberá enviarse como moi tarde o 30 de abril)

O cuño de correos dará fe da data de envío.

Os candidatos, que han de posuír un título universitario en Dereito ou Ciencias Políticas (especialidade Dereito) ou, para as prácticas na Dirección de Interpretación, un título de intérprete de conferencias, deben imprimir e cumprir o formulario e envialo por correo á Unidade de Recursos Humanos do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, Bureau deas stages, GEOS 3032, L-2925 Luxemburgo, xunto cun curriculum vitae detallado e copias dos títulos e/ou certificados.
Por razóns do servizo, é conveniente posuír un bo coñecemento do francés.

As prácticas na Dirección de Interpretación, dunha duración de entre dez e doce semanas, diríxense ante todo a novos diplomados en interpretación de conferencias cuxa combinación lingüística presente un interese para a Dirección de Interpretación. O seu obxectivo consiste en ofrecer aos novos intérpretes un control do seu perfeccionamento profesional, máis especificamente no ámbito da interpretación xurídica, que implica tanto a preparación dos expedientes coma a busca terminolóxica e a realización de exercicios prácticos en «cabina muda». Requírese un coñecemento do francés lido.

Máis información en http://curia.europa.eu