Bolsas para participar no cursos de verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo

14 Mai 2018

A Universidade Internacional Menéndez Pelayo convoca os cursos de verán 2018 e bolsas completas e bolsas de matrícula para a asistencia a estas actividades académicas que se celebrarán nas sedes da Universidade Internacional Menéndez Pelayo durante o ano 2018.

Bolsa completa. Inclúe o aloxamento e manutención nas instalacións da Universidade Internacional Menéndez Pelayo ou noutras residencias concertadas e a matrícula gratuíta ao curso ou seminario que se solicite.
Bolsa de matrícula. A bolsa de matrícula comporta, exclusivamente, a exención do pago da matrícula no curso ou seminario solicitado polo alumno.

Beneficiarios.
Poderán solicitar estas axudas estudantes e titulados universitarios que reúnan os requisitos que se especifican a continuación:
Estar matriculado no curso académico 2017/2018 ou 2018/2019 nos estudos oficiais conducentes á obtención dun título de Grao, Máster ou Doutor nunha Universidade española.
Os titulados que finalizasen os seus estudos con posterioridade ao 31 de decembro de 2012. Os solicitantes deberán acreditar unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6 sobre base 10.

Prazo de solicitude das bolsas: pendientes de publicación na web da UIMP
As solicitudes de bolsas cursaranse telemáticamente a través da páxina web da Universidade

http://www.uimp.es/actividades-academicas.html