Axudas económicas para a formación práctica en empresas

14 Mai 2018

A Consellería de Educación convoca axudas económicas para a realización da formación práctica en centros de traballo (FCT), nas seguintes modalidades:

Modalidade A. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio e grao superior de formación profesional inicial, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas formativos e que realice a FCT dentro do territorio español.
Modalidade B. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e que realice a FCT fóra do territorio español co fin de mellorar as competencias lingüísticas e profesionais.

Requisitos:
Alumnado matriculado en centros públicos de Galicia e centros privados en ensinanzas concertadas, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas formativos.
O alumnado que concorra a esta convocatoria de axudas deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2018.

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:
1. O primeiro prazo, ata o 14 de xuño, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro de 2017 a marzo 2018 e nos períodos xaneiro a xuño, xaneiro a marzo e abril a xuño de 2018. Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antes do 31 de agosto de 2018.
2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2018, para o alumnado de ciclos formativos ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro a decembro de 2018. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2018.

Contía da axuda.
Na comunidade autónoma:
1. Ata un máximo de 186 € cando se cumpran as seguintes condicións:
Que o concello do centro de traballo non sexa o mesmo que o concello do centro educativo.
Que o concello do centro de traballo non sexa o mesmo que o concello de residencia do/a alumno/a durante o período de realización da FCT.
Fóra da comunidade autónoma:
Percibirán unha cantidade fixa de 200 €.
Fóra do territorio español:
Unión Europea:
Bulgaria, Eslovaquia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, Malta, Romanía: 120 € contía base e 72 € por semana
Alemaña, Bélxica, Chipre, Croacia, Eslovenia, Grecia, Holanda, Luxemburgo, Portugal, República Checa: 180 € contía base e 120 € por semana
Austria, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda, Italia, Reino Unido, Suecia: 240 € contía base e 150 € por semana
Non integrados na Unión Europea:
Europeos: 180 € e 120 € por semana
Doutros continentes: 240 € e 150 € por semana
 
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED202A
Máis información no DOG do 14 de maio de 2018 e en www.edu.xunta.es/fp