Proxecto “EMPRURAL: mozos e mozas con proxecto” en Carballo

09 Mai 2018

En Carballo desenvolveuse a formación  “EMPRURAL: mozos e mozas con proxecto” , que intenta facilitar aos mozos e mozas a súa orientación profesional e futura inserción sociolaboral en comarcas locais, ofrecéndolle apoio e acompañamento profesionalizado no proceso de elaboración e materialización dos seus proxectos en tres eidos: profesional (emprego/empresa), persoal (motivación, habilidades sociais) e social (cooperación, voluntariado, reciprocidade).