Premios fin de carreira

09 Mai 2018

A Consellería de Educación convoca os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma para o alumnado que rematou brillantemente os seus estudos universitarios conducentes á unha titulación oficial de grao no curso académico 2016/17, nas universidades do Sistema universitario de Galicia. Entenderase por curso académico o período comprendido entre o 1 de setembro de 2016 e o 30 de setembro de 2017.

As persoas premiadas recibirán unha dotación económica dun máximo de 3.000 euros e un diploma acreditativo desta distinción.

Poderán solicitar estas axudas os alumnos e alumnas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Teren cursado integramente os estudos da titulación universitaria pola que opta ao premio nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
b) Teren unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,50 puntos, para os/as alumnos/as das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 7,50 puntos, para os/as alumnos/as da rama de Enxeñaría e Arquitectura.

As solicitudes deben tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED415A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 11 de xuño de 2018.
Máis información no DOG do 9 de maio de 2018 e en www.edu.xunta.es  e en orientacion.sug@edu.xunta.es