Bolsas de investigación

07 Mai 2018

A Deputación da Coruña convoca 20 bolsas de investigación nas seguintes áreas:

Área de ciencias sociais e xurídicas: 3 bolsas
Área de ciencias: 3 bolsas
Área de ciencias da saúde: 3 bolsas
Área de enxeñaría e arquitectura: 2 bolsas
Área de artes e humanidades: 3 bolsas
Área de estudos de xénero: 2 bolsas
Área de planificación sociolingüística da lingua galega: 2 bolsas
Área de políticas culturais 2 bolsas

A dotación das bolsas é de 8.000 € cada unha delas.

Requisitos:
Ter residencia en calquera concello da provincia da Coruña.
Posuír titulación universitaria (licenciado, diplomado, grao ou equivalente) recoñecida oficialmente.
As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da plataforma SUBTEL, na páxina web da Deputación da Coruña: www.dacoruna.gal
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de maio de 2018.
Máis información no BOP da Coruña do 7 de maio de 2018