Bolsas para perfeccionamento de estudos artísticos

07 Mai 2018

A Deputación da Coruña convoca 20 bolsas para a realización de estudos artísticos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia durante o período 2018-2019, distribuídas nas seguintes áreas:

Área de artes plásticas e visuais: 3 bolsas
Área de danza e artes do movemento: 2 bolsas
Área de teatro e interpretación escénica: 3 bolsas
Área de música: 8 bolsas
Área de audiovisual: 2 bolsas
Área de ilustración e banda deseñada 2 bolsas

A finalidade das bolsas é a mellora das cualificacións académicas das persoas destinatarias, completando e actualizando os seus niveis formativos.
A dotación das bolsas é de 9.000 € cada unha delas.

Requisitos:
Ter residencia en calquera concello da provincia da Coruña.
Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo ou superior nivel á dos estudos para os que se solicita a bolsa.
As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da plataforma SUBTEL, na páxina web da Deputación da Coruña: www.dacoruna.gal
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de maio de 2018.
Máis información no BOP da Coruña do 7 de maio de 2018