Estudos artísticos en EE.UU.

07 Mai 2018

O Ministerio de Educación convoca seis bolsas para a ampliación de estudos artísticos e de xestión cultural nos Estados Unidos de América para o curso 2018/2019, nas seguintes especialidades ou áreas de actividade: Artes audiovisuais, artes escénicas, artes plásticas e visuais, música e  musicoloxía,  museoloxía e conservación do patrimonio.

Requisitos dos solicitantes:
a) Posuír a nacionalidade española.
b) Posuír o título superior expedido por unha universidade española, ou se non, recoñecido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Excepcionalmente, aceptaranse os títulos expedidos por outras institucións aínda que non estean homologados polo Ministerio. Aplicarase esta excepcionalidade no caso das especialidades de creación artística e interpretación. Tamén poderán optar a bolsa, os que non tendo estudos de grao, acrediten a formación ou experiencia que lles permita o acceso a estudos de postgrao en centros de Estados Unidos.
c) Ter unha carta de acceso ou de convite dun centro estadounidense para realizar un programa acorde coa memoria de estudos presentada con carácter previo á concesión da bolsa.

Dotación:  Viaxe de ida e volta e gastos varios, ata un máximo de $2.600; asignación mensual de $1.600 a $2.400; matrícula, ata un máximo de $34.000; seguro de enfermidade e accidente.
Duración:  de 6 a 12 meses, entre o verán ou o outono de 2018 e o outono de 2019.

O formulario de solicitude electrónica así como o impreso das cartas de referencia están dispoñibles en http://www.fulbright.es

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de maio de 2018.
Máis información no BOE do 7 de maio de 2018 e en https://fulbright.es/programas-y-becas/convocatorias/ampliacion-de-estudios-artisticos-secretaria-de-estado-de-cultura/2018-2019/1577/