Acceso ás ensinanzas artísticas superiores para quen non cumpra o requisito de titulación

04 Mai 2018

A Consellería de Educación convoca a proba de acceso substitutiva do requisito de titulación as ensinanzas artísticas superiores de Música, de Arte Dramática, de Deseño e de Conservación e Restauración de Bens Culturais, para o curso escolar 2018/19.

A esta proba poderán presentarse os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, e non teñan superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e fagan os 18 anos en 2018, agás os aspirantes ás ensinanzas superiores de Música, para os que a idade mínima de acceso é de 16 anos.

A inscrición realizarase na secretaría dos seguintes centros educativos ata o día 7 de xuño:
- Conservatorio Superior de Música da Coruña.
- Conservatorio Superior de Música de Vigo.
- Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
- Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
- Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
- Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
- Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
- Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Desenvolvemento da proba:
A proba de acceso realizarase o día 15 de xuño, ás 9.00 horas, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.

Máis información no DOG do 4 de maio de 2018 e en www.edu.xunta.es

Ensinanzas artísticas superiores: http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/109