Queres facer estudos superiores de Música?

04 Mai 2018

A Consellería de Educación convoca probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de música para o curso 2018/19.

Requisitos
Estar en posesión do título de bacharelato ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.

Inscrición
A inscrición farase na secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia ata o día 13 de xuño.

Data da proba
As probas específicas de acceso comezarán o día 20 de xuño.

Máis información no DOG do 4 de maio de 2018 e en www.edu.xunta.es