Queres estudar Arte Dramática?

04 Mai 2018

A Consellería de Educación convoca probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2018/19.

Requisitos
Estar en posesión do título de bacharelato ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.

Inscrición
A inscrición farase na Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia ata o día 18 de xuño.

Data da proba
As probas específicas de acceso comezarán o día 26 de xuño.

Máis información no DOG do 4 de maio de 2018 e en http://www.esadgalicia.com