Queres facer estudos superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais?

04 Mai 2018

Abrese o prazo ata o día 25 de xuño para inscribirse na proba de acceso.

Para o acceso aos estudos superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, en calquera das súas especialidades, requirirase estar en posesión do título de bacharelato ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, así como a superación da correspondente proba específica.

Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba, e no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato, no prazo extraordinario de matrícula, se houber vacantes na quenda correspondente.

Inscrición dos/as aspirantes ao acceso
A inscrición farase na secretaría da Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia ata o 25 de xuño.

Acceso directo
A porcentaxe de prazas sobre o total das ofertadas en cada especialidade para os aspirantes que estean en posesión dun título de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño é do 20%.
O 80% restante das prazas ofertadas será asignado mediante a proba específica de acceso.

Desenvolvemento das probas
As ditas probas levaranse a cabo o día 4 de xullo na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia
 
Máis información no DOG do 4 de maio de 2018 e en http://www.edu.xunta.es/portal/taxonomy/term/380/all
http://gradoconservacionbbcc.es/