O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela está dividido en grupos de traballo. Un destes é o grupo de traballo de "relacións institucionais e boas prácticas do Rosalía ao Día" que recientemente xestionou a cesión por parte de Correos dunha caixa de correos que empregaron para que o alumnado do centro lles fagan chegar suxestións.
Agora quedamos á espera de saber que suxestións lles fan os seus compañeiros/as...