Bolsas de colaboración en proxectos de investigación do Consello da Cultura Galega

02 Mai 2018

O Consello da Cultura Galega convoca catro bolsas de colaboración nos seus proxectos de investigación

Dúas bolsas para colaborar na Área de Publicacións
Requisitos:
Ser licenciado/a en Comunicación, Humanidades ou Ciencias Sociais.
Valoraranse como méritos:
– Posuír experiencia en edición de textos e edición dixital.
– Posuír coñecementos de tradución e corrección.
– Posuír coñecementos de informática.

Dúas bolsas para colaborar na Área de Documentación
Requisitos:
– Ser licenciado/a en Documentación ou na área de Humanidades.
Valoraranse como méritos:
– Posuír coñecementos de catalogación en formatos Marc.
– Posuír coñecementos de programas de catalogación.
– Posuír coñecementos de informática.
– Posuír experiencia en xestión documental.

Requisitos xerais:
Acreditar coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4
Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6,5 puntos.

A contía das bolsas será de 1.000 euros mensuais.
A duración de cada unha das bolsas será de sete meses.

As solicitudes poden trramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR970B
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de xuño de 2018
Máis información no DOG do 2 de maio de 2018 e en http://www.consellodacultura.gal