Curso de Arqueoloxía e restauración para a mocidade desempregada da Comarca do Deza e Tabeirós-Terra de Montes

02 Mai 2018

A Deputación de Pontevedra organiza para os xóvenes desempregados da Comarca do Deza e Tabeirós-Terra de Montes un curso de arqueoloxía e restauración.

O curso é gratuíto e está dirixido a mozas e mozos de entre 16 e 30 anos.

O curso está avalado pola Escola de Organización Industrial, EOI. O obxectivo é proporcionar unha formación real e de calidade en arqueoloxía e restauración que permita ás mozas e aos mozos mellorar a súa empregabilidade.

Localización:  COESCO, Avenida Buenos Aires, 100, 36500, LALÍN
Duración:  190 horas (2 meses)

Máis información: cooperacion@depo.es
Teléfonos: 986 804 100, ext. 40652 e 40267